TÍTULO:  "O SERVIDOR DE DOUS AMOS"
AUTOR:  Carlo Goldoni
DIRECCIÓN:  Artur Trillo e Diego Rey
COMPAÑIA:  Talía Teatro
ELENCO: Xurxo Barcala
Toño Casais
Marta Lado
María Ordóñez
Diego Rey
Marta Ríos
Artur Trillo
Dani Trillo

SINOPSE:

Talía teatro presenta unha revisión do clásico O servidor de dous amos, un dos textos inmortais da historia do teatro. Convertido no referente por excelencia da Commedia dell’Arte, atoparedes aquí unha reinvención da obra de Goldoni que respecta o ritmo, a comedia e o humor da peza orixinal, pero que busca tamén incorporar novas formas de teatralidade. No noso atrevemento non facemos outra cousa que intentar respectar o verdadeiro espírito da Commedia dell’Arte, do teatro renacentista italiano: a procura da innovación polo uso de todas as novidades escénicas posibles, a persecución do “espectáculo total”, unha obra que sexa capaz de deixar abraiado a todo o público presente.

Así como a Commedia dell’Arte creaba unha paisaxe cómica e irreverente da sociedade italiana do momento, esta versión trata de construír un xoguete escénico onde os contratos matrimoniais son substituídos por contratos de construción, onde nobres e mandatarios son substituídos por empresarios e políticos, onde a vida mesma da nosa sociedade é retratada con irreverencia e descaro, buscando un espectáculo trepidante e deslinguado, tan mordaz como divertido.

Oito intérpretes desenvolverán en escena un espectáculo de gran formato onde todo será posible, onde a mentira e a confusión serán a base do xogo, onde os distintos espazos mudarán á vista do espectador, onde riremos de todo e de todos, ata de nós mesmos.

Talía Teatro é unha compañía teatral creada en 1988, con un selo propio e orixinal. Os seus espectáculos son unha marca con denominación de orixe que definen un estilo e unha forma de facer teatro.

Hoxe, 24 anos despois do seu inicio, tense consolidado como unha das compañías galegas de maior prestixio e repercusión e ten afianzado un proxecto empresarial que xenera cultura e ilusión, ao mesmo tempo que consolida un equipo de traballo estable.

Desde os seus inicios, a compañía perseguiu a dignificación do teatro. Aínda que se dirixe a un amplo abano de espectadores, tamén presta unha especial atención teatro infantil e xuvenil por que considera que a creación de novos públicos é unha das asignaturas pendentes do teatro feito en Galicia.

O traballo da compañía ten sido merecedor de numerosos premios polas súas montaxes.


DÍA: 17 de marzo 
HORA: 20:30 horas.
DURACIÓN: 1 hora e 15 minutos
DESCANSO: Non
CLASIFICACIÓN: Teatro Comedia
PÚBLICO: Adulto
IDIOMA: Galego
TARIFA:

10€ - Butaca de Patio e Platea
10€ - 1º Andar
8€ - 2º Andar
6€ - Paraíso e VR


ORGANIZA: TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE
PATROCINA: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE, AGADIC

TAQUILLA DO TEATRO: 

  • O mesmo día da función de 12:00 h. a 14:00 h. 
  • Dúas horas antes de comezo da función

RESERVAS ON-LINE: 

  • Comeza unha vez finalizada a venda de abonos
  • Venda habilitada ata o mesmo dia da representación da función
  • Horario continuo

MODALIDADE DE PAGO: 

  • Tarxeta en reservas on-line
  • Efectivo en taquilla

AVISO IMPORTANTE: 

  • Infórmase a todos os espectadores que adquiran a súa entrada a través de internet e precise ser cambiada en despacho de billetes por entrada física, que deberán retirar a súa entrada no despacho de billetes do Teatro o mesmo día da función en horario de 12:00 h a 14:00 h. Unha vez comece a función non se despachasen entradas.
  • OS NENOS MENORES DE 6 ANOS deberán ocupar asentos de butaca de patio e platea.
  • OS NENOS DE 6 A 10 ANOS deberán ocupar asentos de butaca de patio, platea e 1º andar.

VENTA ON-LINE: 

 

 CONTACTO: 

  • A TAQUILLA: 902 504 500
  • WEB: www.ataquilla.com