TÍTULO:  "ARTE"
AUTOR:  Yasmina Reza
DIRECCIÓN:  Miguel del Arco
COMPAÑIA:  El Pavón Teatro Kamikaze
ELENCO: Roberto Enríquez
Cristóbal Suárez
Jorge Usón

SINOPSE:

¿Quen pode rebater a Andy Warhol cando di que "facer diñeiro é arte"? ¿Ou a Marcel Duchamp cando planta un urinario sobre unha peaña e preséntao como unha obra de arte? Ou os animais disecados de Damien Hirst, ou a merda de artista envasada de Piero Manzoni... Sergio fíxose cunha cobizada pintura para a súa particular colección. O problema é que onde el ve unha mostra sublime de arte contemporánea, Marcos advirte un simple lenzo en branco mentres Iván réstalle importancia á polémica.

Marcos, Sergio e Iván, o trío protagonista de Arte, poderían ser amigos desde os seus tempos de instituto, cando a vida se despregaba ante eles como a terra prometida. Daquela a realidade encargouse de enfrontarlles á "dinámica intrínseca da evolución", como lle espeta Sergio a Marcos nun intento de explicarlle o senón cambiante dos tempos. Cambian as persoas, cambia a súa forma de relacionarse co mundo, cos seus amigos e, como non podía ser doutra maneira, cambia a forma de contemplar e expresar a arte.

Co estilo cáustico e descarnado que lle caracteriza, a autora cuestiona a arte, a amizade, o éxito e o subxectivo da nosa mirada. E non se anda polas ramas. Dispara de socato e consegue manter ata o final a velocidade das súas descargas, tan só interrompidas polas risas.


DÍA: 22 de xuño 
HORA: 21:00 horas.
DURACIÓN: 1 hora e 30 minutos
DESCANSO: Non
CLASIFICACIÓN: Teatro
PÚBLICO: Adulto
IDIOMA: Castelán
TARIFA:

20€ - Butaca de Patio e Platea
20€ - 1º Andar
15€ - 2º Andar
12€ - Paraíso e VR


ORGANIZA: TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE
PATROCINA: DEPUTACIÓN DE OURENSE

TAQUILLA DO TEATRO: 

  • O mesmo día da función de 12:00 h. a 14:00 h. 
  • Dúas horas antes de comezo da función

RESERVAS ON-LINE: 

  • Venda habilitada ata o mesmo dia da representación da función
  • Horario continuo

MODALIDADE DE PAGO: 

  • Tarxeta en reservas on-line
  • Tarxeta e efectivo en taquilla

AVISO IMPORTANTE: 

  • Infórmase a todos os espectadores que adquiran a súa entrada a través de internet e precise ser cambiada en despacho de billetes por entrada física, que deberán retirar a súa entrada no despacho de billetes do Teatro o mesmo día da función en horario de 12:00 h a 14:00 h. Unha vez comece a función non se despachasen entradas.
  • OS NENOS MENORES DE 6 ANOS deberán ocupar asentos de butaca de patio e platea.
  • OS NENOS DE 6 A 10 ANOS deberán ocupar asentos de butaca de patio, platea e 1º andar.

VENTA ON-LINE: 

 

 

CONTACTO: 

  • A TAQUILLA: 902 504 500
  • WEB: www.ataquilla.com