TÍTULO:  "EL ÚLTIMO BUFÓN"
AUTOR:  Leo Bassi
DIRECCIÓN:  Leo Bassi
COMPAÑIA:  Leo Bassi

SINOPSE:

Cando marchei do circo, nos anos setenta, quería fuxir daquilo no que se convertera: Espectáculos infantís cheos de tradicións e convencións baleiras. Dentro de min, tiña fame de algo máis grande, máis esencial e excitante. Necesitaba provocacións, loitas políticas, unha arte necesaria e emocionante.

Sei agora que lonxe de ser unha ovella negra, un revolucionario da pista, o meu instinto provocador estivo inspirado polo mesmo espírito libertario que movía aos meus ante-pasados. Fronte ao ríxido sistema de clases que dividía a sociedade, o circo clásico era un lugar onde a xente de abaixo, os obreiros, os campesiños podían liberarse e abrirse novos camiños na vida, eran heroes populares que demostraban que con esforzo físico, determinación intelectual e moito sentido do humor, os pobres podían salvarse.

Quizais máis que o socialismo mesmo, o mundo circense era a encarnación en clave utópica da esencia filosófica do Século das Luces.

Por nacer na última xeración do circo tradicional e telo coñecido desde dentro, na súa verdadeira narrativa dentro da historia, creo que podo en certo xeito considerarme: O Último Bufón. Non é só un espectáculo, é ademais unha volta consciente ás responsabilidades éticas da miña estirpe.

É un levantamento popular bufonesco contra a tiranía de hoxe e de sempre.


DÍA: 18 de abril 
HORA: 22:00 horas.
DURACIÓN: 1 hora e 20 minutos
DESCANSO: Non
CLASIFICACIÓN: Teatro
PÚBLICO: Maiores de 14 anos
TARIFA:

10€ - Entrada única


ORGANIZA/PATROCINA: TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE - DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE, CONCELLO DE OURENSE, UNIVERSIDADE DE VIGO (CAMPUS DE OURENSE), XUNTA DE GALICIA, SARABELA TEATRO
COLABORA: ACPP, CAFÉ AURIENSE, LICEO OURENSÁN

TAQUILLA DO TEATRO: 

  • Duas horas antes de comezo da función

MODALIDADE DE PAGO: 

  • Efectivo en taquilla