TÍTULO:  "NGOAN NTANGAN. DOS MUNDOS QUE SE TOCAN (MANOLIÑO NGUEMA)"
AUTOR:  Gorsy Edu
DIRECCIÓN:  Gorsy Edu
COMPAÑIA:  Ña Djingö

SINOPSE:

Ngoan Ntangan, un baile tradicional Fang, unha máscara con tres rostros onde se deducen as tres enerxías coas que funcionan as persoas: o que somos, o que amosamos e o que os demais ven de nós. Baixo esa premisa tres actores de distintas xeracións contan a vida de Marcelo Ndong, alias Manoliño Nguema, o pai do teatro moderno de Guinea Ecuatorial, que se formou en La Ciudad de los Muchachos en Bemposta (Ourense) Unha viaxe persoal e creativa que o levará desde a Guinea postcolonial e a España do final dos anos 60 ata a actualidade reflectindo os lazos históricos e culturais que unen os dous países.


DÍA: 27 de abril 
HORA: 20:30 horas.
DURACIÓN: 1 hora e 10 minutos
DESCANSO: Non
CLASIFICACIÓN: Teatro
PÚBLICO: Adulto
TARIFA:

3€ - Entrada única


ORGANIZA/PATROCINA: TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE - DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE, CONCELLO DE OURENSE, UNIVERSIDADE DE VIGO (CAMPUS DE OURENSE), XUNTA DE GALICIA, SARABELA TEATRO
COLABORA: ACPP, CAFÉ AURIENSE, LICEO OURENSÁN

TAQUILLA DO TEATRO: 

  • Duas horas antes de comezo da función

MODALIDADE DE PAGO: 

  • Efectivo en taquilla