TÍTULO:  "AS ONDAS DAS PEDRAS NO RÍO""
AUTOR:  Dramaturxia de Fernando Dacosta
DIRECCIÓN:  Fernando Dacosta
COMPAÑIA:  Maricastaña. Aula de Teatro Universitaria de Ourense (Nivel 3)

SINOPSE:

A vida de dous xemelgos nun mundo onde non se debe transgredir a historia. Onde non se pode pensar o impensable e onde o impensable, polo tanto, non debe suceder.

Un contexto social exacerbado pola miseria económica e moral, que tantas veces van xuntas.

Relacións de parella truncadas aquí e na outra parte do mundo que acaban empurrando cara un final non desexado. O amor maternal, con erros, con brusquedades, onde as pequenas cousas poden facer que aletee unha bolboreta negra no noso corazón ou que nos sintamos arroupados no medio dun gran trebón.

O presente é froito dun pasado marcado na pel e nos espíritos, entrelazado por pequenas cousas, alegrías efémeras, momentos únicos e irrepetibles, como o xiz no encerado ou como as ondas das pedras no río. Ese pasado que volve constantemente á mente dos seres danados ata a loucura, un pasado que pesa no reencontro dos que se despediron sendo nenos e agora son adultos, a lembranza dos feitos que cambiaron para sempre as súas vidas.

O libro de Arundhati Roy, O deus das pequenas cousas, soñado en escena por Maricastaña.


DÍA: 28 de abril 
HORA: 20:30 horas.
DURACIÓN: 1 hora e 30 minutos
DESCANSO: Non
CLASIFICACIÓN: Teatro
PÚBLICO: Adulto
TARIFA:

3€ - Entrada única


ORGANIZA/PATROCINA: TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE - DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE, CONCELLO DE OURENSE, UNIVERSIDADE DE VIGO (CAMPUS DE OURENSE), XUNTA DE GALICIA, SARABELA TEATRO
COLABORA: ACPP, CAFÉ AURIENSE, LICEO OURENSÁN

TAQUILLA DO TEATRO: 

  • Duas horas antes de comezo da función

MODALIDADE DE PAGO: 

  • Efectivo en taquilla