Rúa Paz 9
32005 - Ourense
Vinte e seis espectáculos son os que abrangue a programación do segundo semestre de 2012 do Teatro Principal de Ourense, que hoxe se presentou. Ao acto asistiron o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, e a directora do teatro, Olga Mojón.
Novamente, a diversidade de campos escénicos e musicais vai ser o selo diferenciador desta programación, asegurándose así unha aposta variada de espectáculos. Neste senso, optouse por combinar temas clásicos con outros relacionados coa nosa realidade máis próxima.
Entre as representacións cabe sinalar algunhas como La loba, de Juanjo Seoane Producciones e o Centro Dramático Nacional; o concerto de María lavalle; o concerto da Orquestra Filarmónica de Cámara de Colonia; El principito, representada por Telón Tolón / Clave de Luna, e Sé galego, my friend, de Sergio Pazos, ademais doutras producións musicais e teatrais que se desenvolverán entre os meses de setembro e decembro.
Asemade, hoxe tamén se presentou a nova web do Teatro Principal, elaborada polo Servizo de Informática da Deputación de Ourense, que permitirá aos usuarios achegarse a unha nova fiestra dixital do teatro, máis atractiva e áxil, para consultar toda a información do Teatro Principal.
Compartir:
Laborables de lunes a viernes de 9:00h a 14:00h / info@teatroprincipalourense.com
CONTACTOContribuye con tus sugerencias al desarrollo de nuestro teatro.
© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos los derechos reservados // Diseño, maquetación y programación web a medida Grupo5.com