Rúa Paz 9
32005 - Ourense
O Teatro Principal de Ourense acolleu a presentación do novo traballo musical da cantante María do Ceo, quen presentou Fado com outro acento. María do Ceo converte en vangarda o máis tradicional e o vangardista en fado sensible, coa sinxeleza reflectida na soidade dun máximo de dous instrumentos por peza, coa súa inconfundible voz que traspasa ventrículos e miocardios ata a profundidade da alma (xusto ao lado de onde se esconden as bágoas), cada canción parece estar rechea por unha orquestra sinfónica.
Ata o de agora María do Ceo ten editado os seguintes traballos discográficos: Cartas de amor, Vellas Lembranzas, Ao rescate da alma, Fado e outras músicas, Panxoliñas,Villancicos, Dúas almas do miño, Tan lonxe, No bico un cantar, Celme encantado e Fado com outro acento. Ten actuado en escenarios de todo o mundo: España, Portugal, Arxentina, Uruguai, México, Francia, Arxelia, Alemaña, Italia e Exipto. Actualmente, ven de finalizar a banda sonora da película Años Después, da que María do Ceo é compositora musical de toda a banda sonora.
Compartir:
Laborables de lunes a viernes de 9:00h a 14:00h / info@teatroprincipalourense.com
CONTACTOContribuye con tus sugerencias al desarrollo de nuestro teatro.
© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos los derechos reservados // Diseño, maquetación y programación web a medida Grupo5.com