Rúa Paz 9
32005 - Ourense
Estimado/a espectador/a:
Mediante a presente comunicámoslle que a programación que terá lugar no Teatro Principal de Ourense durante o primeiro semestre de 2016 e que , como ven sendo habitual, está patrocinada pola Deputación de Ourense, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Red Española de Teatros, Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e INAEM (PLATEA), está previsto se presente ós medios de comunicación o xoves, día 17 de decembro e ese mesmo día poderase consultar na nosa páxina web www.teatroprincipalourense.com. Os usuarios poderán descargar o programa semestral, informarse sobre o período de venda de abonos, tarifas, venda de entradas individuáis para cada espectáculo, etc.
Informámoslles que a venda de abonos terá lugar entre os días 17 e 30 de decembro de 2015, na taquilla do teatro (12:00h a 14:00h) e tfno. 902504500; os abonados disfrutarán dun desconto do 10% en toda a sala, disporán do mesmo asento durante toda a tempada, recibirán no seu domicilio ou via mail a programación mensual e informaráselle doutras novas que poidan surxir durante o semestre.
A compra de entradas para cada espectáculo poderase realizar dende o día 31 de decembro de 2015 nas páxinas web. www.teatroprincipalourense.com, www.ataquilla.com, teléfono 902504500 e na taquilla do teatro o día previo a función e o día da función, en horario habitual de 12:00h a 14:00h e duas hora antes da función.
Como espectador con abono durante o segundo semestre de 2015 dirixome a vostede para informarlle da posibilidade de manter o mesmo abono do anterior semestre. De estar interesado precisamos realice a súa reserva no teléfono 988317960 (horario de 9:00 a 14:00h de luns a venres, preguntando por Edesio/Rosa) e a través do correo oficina.teatro@depourense.es , indicando seu nome, teléfono e localidade/s correspondente/s o seu abono. SÓ PODEN ACCEDER A ESTA POSIBILIDADE ESPECTADORES POSEEDORES DE ABONO EN TEMPADA ANTERIOR E QUE REALICEN A SUA RESERVA OS DÍAS 17 A 22 DE DECEMBRO DE 2015.
Para todo o equipo de traballo deste teatro é unha satisfación o poder contar co apoio dos cidadans, esperando chegar e satisfacer os intereses culturáis do maior número posible de persoas que tempada a tempada acuden a este espacio.
Todo o equipo do Teatro Principal aproveita para enviarlle un cordial saúdo e desexarlle un bo Nadal.
Olga Mojón Costela Directora Teatro Principal de Ourense
Compartir:
Laborables de lunes a viernes de 9:00h a 14:00h / info@teatroprincipalourense.com
CONTACTOContribuye con tus sugerencias al desarrollo de nuestro teatro.
© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos los derechos reservados // Diseño, maquetación y programación web a medida Grupo5.com