Rúa Paz 9
32005 - Ourense
A REDE ESPAÑOLA DE TEATROS, AUDITORIOS, CIRCUÍTOS E FESTIVAIS DE TITULARIDADE PÚBLICA CELEBRA UNHA XUNTA XERAL NA CASA DE GALICIA EN MADRID
Forma parte dela a Rede Galega de Teatros (Agadic), o Teatro Rosalía de Castro da Coruña, o Auditorio do Narón e o Teatro Principal de Ourense, cuxa directora, Olga Monjón Costela, é vicepresidente da Rede Española de Teatros
Madrid, 16 de novembro de 2012. - A Rede Española de Teatros, Auditorios, Circuítos e Festivais de Titularidade Pública, da que forma parte a Rede Galega de Teatros (Agadic), o Teatro Rosalía de Castro da Coruña, o Auditorio do Narón e o Teatro Principal de Ourense, celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia unha Xunta Xeral na que participaron medio centenar de representantes doutras tantas entidades situadas en catorce comunidades autónomas. O delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, interveu ao inicio da sesión para dar a benvida aos asociados da Rede e desexarlles un frutífero traballo.
A Xunta estivo presidida por parte da Directiva da Rede de Teatros, que encabezan o seu presidente, José Luis Rivera Plasencia, e o seu vicepresidente, a galega Olga Monjón Costela. Nela participaron entidades radicadas en Andalucía, Aragón, Asturias, Canarias, Cantabria, Castela e León, Castela-A Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Galicia, La Rioja, Madrid, Navarra e País Vasco. De Galicia asistiron os responsables do Auditorio Municipal Concello de Narón (A Coruña), Luciano M. Fernández Vicente, e do Teatro Principal de Ourense, Olga Monjón Costela, que tamén ocupa a Vicepresidencia da Rede.
Entre os importantes asuntos que se abordaron na reunión destacan a declaración de Utilidade Pública da Rede e a presentación do Circuíto de Danza 2013. A Rede iniciou os trámites para a declaración de Utilidade Pública -requisito necesario para que toda asociación sexa cualificada como entidade sen fins lucrativos e poida beneficiarse do réxime fiscal correspondente e dos incentivos ao mecenado-, para o que necesitaba dunha modificación estatutaria.
SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DA XUNTA DE GALICIA EN MADRID,
CASA DE GALICIA
Compartir:
Laborables de lunes a viernes de 9:00h a 14:00h / info@teatroprincipalourense.com
CONTACTOContribuye con tus sugerencias al desarrollo de nuestro teatro.
© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos los derechos reservados // Diseño, maquetación y programación web a medida Grupo5.com