Leonor Gago Artist Management
presenta
Internacional Festival Ballet
O Crebanoces
P. Tchaikovsky
Ballet en dous actos baseado no conto de E.T.A. Hoffman "O
crebanoces e o rei dos ratos". Cun libreto realizado por Marius
Petipa, a música composta en 1890 por Tchaikovsky (1840-
1893) e a coreografía Lev Ivanov, este ballet estreouse o 5 de Decembro
de 1892 no Teatro Mariinsky de San Petersburgo. Os seus
personaxes principais son: Clara, Drosselmeyer (padriño de Clara) e
O Crebanoces. Chaikovski compoñería posteriormente unha Suite
orquestral inspirada no seu propio ballet, tomando sobre todo
movementos do Segundo Acto.
ARGUMENTO.
Primeiro acto: A historia comeza cunha festa, na véspera de Nadal,
en casa dos pais de Clara. Drosselmeyer é un dos
invitados á festa e tráelle varios agasallos á súa sobriña, entre eles un
crebanoces con forma de soldado. O irmán de Clara, Fritz, trata de apoderarse
do novo xoguete da súa irmá e rómpeo. Drosselmeyer
arránxao e a festa continúa. Despois de que se retiran os invitados,
todos van durmir. Clara dórmese co seu crebanoces e soña que
toda a casa faise moi grande e os xoguetes da árbore de Nadal
crecen e toman vida. Aparecen entón os ratos co seu rei que
pelexan contra os soldados-xoguetes e o Crebanoces, quen tamén
creceu. Na batalla, que está case perdida polos soldados e
o Crebanoces, Drosselmeyer intervén e Clara golpea ao rei rato cunha
das súas zapatillas (outras versións din que Drosselmeyer dá a Clara
algo con lume) e na distracción o Crebanoces aproveita e
mata ao rei rato (noutra versión os ratos foxen). O Crebanoces
cae despois da batalla, esgotado, e logo convértese nun fermoso
príncipe. Clara e o Crebanoces comezan a súa viaxe polo Reino das
Neves onde soben nunha fermosa zorra que os leva cara ao
Reino dos Doces.
Segundo acto: Clara, o Crebanoces e Drosselmeyer chegan ao Reino
dos Doces onde os recibe o Fada de Azucre, o seu Caballero e
o resto dos doces. O Crebanoces conta a todos a loita contra o
rei rato e como Clara saíu na súa axuda. O Fada de Azucre organiza
unha festa para eles. Sucédense unha serie de danzas en honra aos
invitados. Daquela todo vaise esfumando, Clara esperta co seu
crebanoces, alegre pola súa marabillosa aventura.
International Festival Ballet
O conxunto de ballet "International Festival Ballet" foi fundado en 2009
na cidade de Munich, onde segue tendo a súa residencia.
Esta formado por bailaríns procedentes das prestixiosas escolas
de ballet soviéticas a Academia Waganowa, a Academia de Coreografía
de Moscova, a Escola de Ballet de Ufa e a Academia de Ballet
de Perm.
Realizan xiras nos mellores escenarios do mundo.
Preséntanse en España por primeira vez co ballet O Crebanoces
de P.I. Tchaikovskiy
Solistas principais:
Elizaveta Barkalova
Taras Titorenko
- Título: El Cascanueces P. Tchaikovsky
- Compañía: Leonor Gago Artist Management
- Data/s:
- 06 Xan 2025
- Hora/s:
- 18:00 horas.
Organiza / patrocina
Teatro Principal de Ourense
Deputación Provincial de Ourense
Taquilla del teatro: dos horas antes del comienzo de la función.
Modalidades de pago: efectivo y tarjeta en taquilla.
Reserva online: www.teatroprincipalourense.com
www.ataquilla.com
Venta habilitada hasta el mismo día de la representación de la función.
Aviso importante:
Programación susceptible de modificación.
En caso de anulación de alguno de los espectáculos programados, se reintegrará el importe de las localidades vendidas.
Una vez retiradas las localidades de taquilla, no se atenderá ninguna reclamación.
Niños menores de 6 años deberán ocupar: Butaca de patio o platea.
Niños de 6 a 10 años deberán ocupar: Butaca de Patio, Platea o 1º Piso.
Horario habitual de funciones:
de octubre a mayo:
de lunes a sábado a las
20:00 h.
domingo y festivos a las
19:00 h.
de junio a septiembre:
de lunes a sábado a las
21:00 h.
domingo y festivos a las
20:00 h.
Funciones infantiles a las
17:00 h.
Funciones de noche a las
22:00 h.
- la taquilla del teatro el mismo día, dos ho