Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Teatro

Compartir:

A TAQUILLA:
986 110 500 / www.ataquilla.com

  O meu pai é Lear, pero nunca entrou nun teatro. Eu son Cordelia. E son directora de teatro. Como ela, vou buscar a Lear, vou atreverme a miralo e vou tentar perdoar. E vouno a facer desde un escenario. Cada noite, un actor distinto, será Lear, será o meu pai, será un posible pai, un que si queira sentar nun teatro para conversar.
SOBRE O PROXECTO Nesta ocasión Andrea investiga os cruces entre ficción e realidade, teatro e performance nesta irreverente adaptación de Rey Lear de William Shakespeare, na que dirixirá en directo a un actor distinto cada noite no rol de Lear. Andrea abre así un espazo de encontro con todo unha xeración de actores e homes para reflexionar sobre a paternidade, o amor e o perdón, nun exercicio teatral tan valente como lúdico. Esta versión-simulacro de Rey Lear aspira a ser unha porta aberta para pensar como nos relacionamos cos nosos pais, os biolóxicos, pero tamén os metafóricos, incluído o mesmo William Shakespeare. É unha autoficción a partir dun clásico ou un clásico autoficcionado, e oxalá ningunha das dúas cousas. É unha peza sobre a orixe, sobre como o que veu antes perséguenos aínda que queiramos ignoralo. Sobre como nos constrúen quen nos precede. Sobre como inventar unha vida que che pertenza sen esquecer o pasado. Sobre como imaxinar outros finais posibles.
 
Andrea Jiménez, creadora de Casting Lear.
 
Data/s:
10 Abr 2025
Hora/s:
20:00
Duración:
90'
Público:
ADULTO
Idioma/s:
Castelán

Organiza / patrocina

Taquilla do teatro: dúas horas antes do comezo da función.

Modalidades de pago: efectivo e tarxeta en despacho de billetes.

Reserva online:  www.teatroprincipalourense.com 
                             www.ataquilla.com

Venda habilitada ata o mesmo día da representación da función.


Aviso importante:
Programación susceptible de modificación.
En caso de anulación dalgún de os espectáculos programados, reintegrase o importe das localidades vendidas.
Unha vez retiradas as localidades de despacho de billetes, non se atenderá ningunha reclamación.


Nenos menores de 6 anos deberán ocupar: Butaca de patio ou platea.
Nenos de 6 a 10 ano deberán ocupar: Butaca de Patio, Platea ou 1º Piso.

Horario habitual de funcións:

de outubro a maio:
de luns a sábado ás 20:00 h.
domingo e festivos ás 19:00 h.

de xuño a setembro:
de luns a sábado ás 21:00 h.
domingo e festivos ás 20:00 h.

Funcións infantís ás 17:00 h.
Funcións de noite ás 22:00 h.

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar