Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Concerto de Nadal CORO E ORQUESTA DA NEW FILARMÓNICA “Novena Sinfonía De Ludwig V. Beethoven” en el 200 aniversario da súa estrea (7 de mayo de 1824).

Compartir:

Tarifa

  • 25€ - Butaca de patio / Platea
  • 25€ - 1º Piso
  • 20€ - 2º Piso
  • 15€ - Paraiso / VR

A TAQUILLA:
986 110 500 / www.ataquilla.com


A Sinfonía n.º 9 en re menor, op. 125, coñecida como Coral, é unha sinfonía coral composta por Ludwig van Beethoven entre 1822 e 1824. É a novena e última completa das súas nove sinfonías. Estreouse en Viena o 7 de maio de 1824. Moitos críticos e musicólogos considérana como unha obra mestra da música clásica occidental e un dos logros supremos de toda a historia da música. É unha das obras máis coñecidas da música de práctica común e unha das sinfonías máis interpretadas do mundo.
            A Novena foi o primeiro exemplo dun compositor importante que incluíu partes vocais nunha sinfonía. O movemento final, o cuarto, da sinfonía presenta catro solistas vogais e un coro na paralela tonalidade de re maior modulada, coñecida comunmente como a «Oda á alegría». O texto foi adaptado de «An die Freude», un poema escrito por Friedrich Schiller en 1785 e revisado en 1803, con texto adicional escrito por Beethoven.
En 1985, o Consello de Europa, e máis tarde a Unión Europea, adoptaron unha versión adaptada por Herbert von Karajan como o Himno de Europa. En 2001, o manuscrito orixinal de Beethoven da partitura da sinfonía, conservado na Biblioteca Estatal de Berlín, inscribiuse no Rexistro da Memoria do Mundo da Unesco, onde forma parte da herdanza espiritual da humanidade xunto con outros sobresalientes monumentos, converténdose na primeira partitura musical así designada.

 
Data/s:
22 Dec 2024
Hora/s:
19:00 h
Duración:
60'
Descanso:
Non
Público:
Todos

Organiza / patrocina

Taquilla do teatro: dúas horas antes do comezo da función.

Modalidades de pago: efectivo e tarxeta na taquilla

Reserva online:  www.teatroprincipalourense.com 
                             www.ataquilla.com

Venda habilitada ata o mesmo día da representación da función.


Aviso importante:
Programación susceptible de modificación.
En caso de anulación dalgún de os espectáculos programados, reintegrase o importe das localidades vendidas.
Unha vez retiradas as localidades da taquilla, non se atenderá ningunha reclamación.


Nenos menores de 6 anos deberán ocupar: Butaca de patio ou platea.
Nenos de 6 a 10 ano deberán ocupar: Butaca de Patio, Platea ou 1º Piso.

Horario habitual de funcións:

de outubro a maio:
de luns a sábado ás 20:00 h.
domingo e festivos ás 19:00 h.

de xuño a setembro:
de luns a sábado ás 21:00 h.
domingo e festivos ás 20:00 h.

Funcións infantís ás 17:00 h.
Funcións de noite ás 22:00 h.

 

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar