Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

"O AUTO DO CASTROMIL"

Teatro

FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE (FITO 2024)

Compartir:

Tarifa

  • 10€ - PATIO DE BUTACAS / PLATEA
  • 10€ - 1º ANDAR
  • 6€ - 2ª ANDAR
  • 4€ - PARAISO

A TAQUILLA:
986 110 500 / www.ataquilla.com

PRODUCCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICAS
A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o conductor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxé­nita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos mais armas que o humor e o espirito antroidesco.
O auto do Castromil é unha viaxe en transporte público pola Galiza inconsciente.
Está feita com anacos das obras de Manuel María “A rebelión dos baús” “O Auto dos semulados da Caravilla”, “Unha vez foi o trebón”, “Abril de Lume e Ferro” e o “Entremés da OTAN”.
Con este proxecto Excéntricas gaña o III Concurso de Proxec­tos que convoca a Fundación Manuel María e que recibe o apoio de máis de corenta concellos e institucións de Galiza.
Espectáculo gañador de dous Premios de Teatro María Ca­sares: Mellor Dirección (Quico Cadaval) e Mellor Vestiario (Carlos Alonso); e finalista en 3 categorías máis: Mellor Espec­táculo, Mellor Actor Protagonista (Víctor Mosqueira) e Mellor Espazo Sonoro (Piti Sanz).
Espectáculo candidato aos Premios Max en dúas categorías: Mellor Espectáculo e Mellor Iluminación (Octavio Mas)

 
 
Data/s:
27 Out 2024
Hora/s:
19:00 h.

Organiza / patrocina

Taquilla do teatro: dúas horas antes do comezo da función.

Modalidades de pago: efectivo e tarxeta en despacho de billetes.

Reserva online:  www.teatroprincipalourense.com 
                             www.ataquilla.com

Venda habilitada ata o mesmo día da representación da función.


Aviso importante:
Programación susceptible de modificación.
En caso de anulación dalgún de os espectáculos programados, reintegrase o importe das localidades vendidas.
Unha vez retiradas as localidades de despacho de billetes, non se atenderá ningunha reclamación.


Nenos menores de 6 anos deberán ocupar: Butaca de patio ou platea.
Nenos de 6 a 10 ano deberán ocupar: Butaca de Patio, Platea ou 1º Piso.

Horario habitual de funcións:

de outubro a maio:
de luns a sábado ás 20:00 h.
domingo e festivos ás 19:00 h.

de xuño a setembro:
de luns a sábado ás 21:00 h.
domingo e festivos ás 20:00 h.

Funcións infantís ás 17:00 h.
Funcións de noite ás 22:00 h.

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar