Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Compartir:

Tarifa

  • 20€ - Platea
  • 20€ - Butaca de patio
  • 20€ - 1º Piso
  • 17€ - 2º Piso
  • 12€ - Paraíso / VR

A TAQUILLA:
986 110 500 / www.ataquilla.com

A idea da conversa sempre está moi presente nos nosos espectáculos. Gústanos a idea do teatro como un foro, como un espazo de negociación que serve para tender pontes, para contradicirnos e para achegarnos uns aos outros.

Esta idea de conversación resúltanos profundamente conmovedora e para Terceiro acto, ante a pregunta de como podiamos permanecer vinculados ao pasado nun tempo no que a fenda entre xeracións é tan grande que parece que non podemos herdar as experiencias dos que nos anteceden, propuxémonos ter unha longa e profunda conversa cun grupo de persoas maiores de 60 anos e que ademais dedicaran a súa vida á arte da interpretación e do teatro.

No camiño atopamos cinco persoas extraordinarias, cinco actrices e actores que se entregaron con absoluta xenerosidade á empresa de utilizar o teatro como un lugar para reencontrarse e reflexionar sobre certas cuestións que foron xurdindo ao longo do proceso e converténdose en relevantes. Reflexionamos sobre ese esplendor vital que emana moitas veces do que poderiamos dar en chamar "o terceiro acto dunha vida", preguntámonos como é o proceso de irse facendo maior, falamos dos anhelos, das perdas, dos soños que lles quedan por cumprir dentro e fóra dun escenario, do lugar onde nos coloca a sociedade ao írmonos facendo maiores. Xuntos, lembramos e reflexionamos sobre días pasados, analizamos o impacto da arte na vida destes cinco artistas e buscamos comprender como a historia destas mulleres e homes foi atravesada pola Historia con maiúscula. Cinco persoas que naceron nunha ditadura e que na súa mocidade creron que podían comezar de cero e loitar por un novo mundo. En Terceiro acto analizamos tamén o seu legado e formulamos hipóteses sobre como será o mundo cando eles xa non estean.

Neste momento no que a historia corre a una velocidade endiañada, detémonos para escoitar atentamente, nunha especie de soño poético, a aqueles que van diante de nós, os gardiáns da memoria.
 
Data/s:
16 Nov 2024
Hora/s:
20:00 h
Duración:
120'
Descanso:
Non
Público:
Adulto
Idioma/s:
Galego

Organiza / patrocina

Despacho de billetes do teatro: dúas horas antes do comezo da función.

Modalidades de pago: efectivo e tarxeta en despacho de billetes.

Reserva online:  www.teatroprincipalourense.com 
                             www.ataquilla.com

Venda habilitada ata o mesmo día da representación da función.


Aviso importante:
Programación susceptible de modificación.
En caso de anulación dalgún de os espectáculos programados, reintegrase o importe das localidades vendidas.
Unha vez retiradas as localidades de despacho de billetes, non se atenderá ningunha reclamación.


Nenos menores de 6 anos deberán ocupar: Butaca de patio ou platea.
Nenos de 6 a 10 ano deberán ocupar: Butaca de Patio, Platea ou 1º Piso.

Horario habitual de funcións:

de outubro a maio:
de luns a sábado ás 20:00 h.
domingo e festivos ás 19:00 h.

de xuño a setembro:
de luns a sábado ás 21:00 h.
domingo e festivos ás 20:00 h.

Funcións infantís ás 17:00 h.
Funcións de noite ás 22:00 h.

 

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar