Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

O Teatro Principal foi construído no ano 1830, segundo comenta a lenda da cidade, porque o liberal Santiago Sáez tivo problemas para entrar noutro lugar onde se expoñían obras de teatro e actos culturais. Esa prohibición para entrar levouno a construír un teatro no que el e a súa familia terían sempre un palco libre onde deixar constancia do seu poderío económico e mostrarlle aos seus detractores que se equivocaron coa súa ideoloxía.

Este novo teatro constrúese seguindo un modelo italiano a cabalo do barroco e do romanticismo, moi de moda naqueles tempos, como aconteceu co Infanta Beatriz de Madrid ou o de Pontevedra.

Sufriu polo menos dúas importantes remodelacións no tempo, a máis importante no ano 1915 coa instalación do cinema.

Os descendentes do Teatro Principal exercen de banqueiros en Ourense, por outra banda profesión da súa familia, os Sáez Pastor. Este mesmo, Ignacio, no ano 1980 aparece nos papeis como comisionado do Banco de España en Ourense, por tanto, o propietario do Principal foi ademais o primeiro director do Banco de España en Ourense.

O punto de ruptura ou de inflexión do Teatro Principal prodúcese no ano 1915, cando decide competir no mundo do cinema, despois de levar adiante importantes reformas.

O cinema deixaba paso nalgunha ocasión na ocupación a actos importantes cando se alugaba.

Durante estes anos tamén comparte ocupación co cinema algún que outro festival de tipo benéfico, así como a actuación das compañías de teatro e zarzuela que pasan por Ourense.

Descargar historia completa

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar