Estimados espectadores,
Informámoslles que, por reaxuste na programación, a función da obra “AS R(H)UMOROSAS” de Etiqueta Negra Producións programada para o día 9 de novembro de 2024, cambia a unha nova data: DOMINGO DÍA 17 DE NOVEMBRO DE 2024 Ás 19:00H.
"As R(h)umorosas"
As R(h)umorosas trátase dunha proposta teatral cómica onde 3 actrices poñen en valor, as grandes mulleres da historia galega, nun contexto fresco, orixinal, divertido e moi innovador. Qué dirían María Pita, Rosalía de Castro ou Isabel Zendal se fosen cómicas hoxe en día?
Isto é o que Ledicia Sola, Marta Doviro e Carmen Méndez se preguntaron como premisa para empezar a construír este espectáculo.
Sabemos algunhas cousas que se din delas nos libros, pero que contarían elas de sí mesmas se poideran falar?
Marta, Carmen e Ledicia danlles voz a estas e outras mulleres ilustres de Galicia a través de situacións imaxinarias como unha entrevista no SEPE, un programa de cotilleo ou un cásting.
Todas estas situacións en clave de humor plantéxanse coa idea de xogar, imaxinar e sobre todo deixarlles falar ó máis puro estilo micro aberto para coñecelas un pouco mellor.
Nun formato que mestura os monólogos con sketches cómicos e incluso música, achegámonos ós detalles máis descoñecidos de grandes nomes como Emilia Pardo Bazán, María Casares ou incluso lendas como a de Pepa A Loba. Todas elas terán que postularse e facer valer os seus méritos para ser coñecidas e recoñecidas para toda a sociedade.
Despois do seu debut individual como monologuistas Marta, Carmen e Ledicia xuntáronse para facer o espectáculo “Sen restricións” co que percorreron parte do noso territorio.
Agora impulsadas por esta nova idea volven unirse en “As r(h)umorosas)” cunha orixinal proposta.