Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Danza
11ª Xornadas Dedanza D-Outras

Miteu

Compartir:

A CASA VELLA DANZA presenta CALDO.
Con Carmen, Clara, Diana, Maria José, Uxía , Yolanda.
Coreografía de Nuria Sotelo. Creada por Nuria Sotelo e as intérpretes.
Tódolos ingredientes son importantes no caldo. Un caldo de cultivo que se comunica no fluído, cada un/ha na súa
individualidade impregnado/a pola esencia das outras.

D-OU-TRAS. ESPAZO DE DANZA DO CAMPUS DE OURENSE UVIGO presenta MALOSERÁ.
Con Alicia Fraga, Ainhoa Viñuela, Belén Ferro, Daniele Tommasini, Diego Negro, María Pereira, Mercedes Ferro, Nerea
Arias, Noelia Estévez, Sira González
Coreografía de Ánxela Blanco e Nuria Sotelo. Creada por Ánxela Blanco e Nuria Sotelo en colaboración coas intérpretes
Tomando como inspiración a peza "May B" da compañía Maguy Marin, facemos unha reinterpretación colectiva da mesma e
paseámonos polas paisaxes xeradas por estas personaxes tan pertinentes nos tempos que nos tocan vivir.

AINHOA VIÑUELA DON presenta TODAS AS MIÑAS AMIGAS SON NAIS E EU QUERÍA SER BAILARINA.
Creación, interprete: Ainhoa Viñuela. Coreografía: Ainhoa Viñuela, Nuria Sotelo. Ollada externa: Ánxela Blanco
Por que aos meus 38 anos se considera unha idea tan extravagante que queira ser bailarina en lugar de ser nai! Todas as miñas
amigas son nais e eu quería ser bailarina é un proxecto que nace dun desexo de crear e que pretende compartir un
posicionamento crítico ao redor das obrigas impostas sobre os corpos das mulleres.

CÍA. DE DANZA USC COMPOSTELA + PANDERETEIRAS USC presenta ESPERTARES.
Coas bailarinas: Paula Balcázar e Mariña Ferreiro
Coas pandereteiras: Marta Caamaño, Maria Carballal, Verónica Ledo, Alba Pérez, Miguel Rancaño, Paula Seoane e Laura
Rodríguez.
Coreografía: Xiana Vila - Mestre de pandereteiras: Miguel Barbazan - Música: Tradicional, Baiuca - Vestiario: Espazo de
Danza da USC - Produción: Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC.
Dirección: Juan Carlos Zahera
Despois dun longo período de letargo, de recollemento e hibernación, toca espertar. Acordar para volver xuntarnos, descubrir ao
outro, aprendermos a desfrutar da súa compañía, e compartir as alegrías. Volver bailar, á festa, á foliada. O que fai sentirnos
vivos.
Data/s:
14 Mai 2022
Hora/s:
20:00
Duración:
60 minutos
Descanso:
Si
Público:
Adulto

Organiza / patrocina

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar