AULA DE DANZA DO CAMPUS DE OURENSE UVIGO presenta BOLERO
Elenco: Ainhoa Linaza, Ánxela Arcas, Belén Ferro, Mercedes Ferro, Noelia Estévez, Juan García-Mauriño, Yolanda Pérez, Claudia De Sas, Laura Mojica, Lucía Feijoo, Sira González, Sonia Paz Creada e dirixida por Nuria Sotelo coas alumnas da Aula de danza Tomando de referencia o estudo do Bolero de Ravel de Maurice Béjart, e apropiándonos dalgúns dos seus movementos, facemos unha coreografía conxunta baixo as regras dun xogo que permite ás intérpretes compoñer un espazo común.
A AULA DE DANZA DA UDC presenta … E TODO O DEMAIS NON IMPORTA
Creación e dirección: Alba Fernández Cotelo. Elenco e co-creación: Marta Leira, Alejandro Varela, Ana Blanco, Alfonso Louro, Sonia Franco, Remedios Cuba, Aida González, Sandra Martínez, Fabiola Fraga e Paula Silvarrey. Cando es unha persoa pequena déixaste influenciar por todo o que está ao teu arredor. Agora, dende o baleiro, estou á procura de min mesma, para atoparme de verdade. Non querer o convencional. Loitar polo que penso. A base sempre foi ser unha persoa feliz e libre. Quixera aferrarme a ese sentimento e vivir permanentemente nesa canción. Forever trusting who we are....No, nothing else matters.
ESPAZO DE DANZA DA USC - LUGO presenta MIGRACIóNS
Elenco / bailarinas: Alicia Collazo, Lucía Fernández, Inés Fernández, Andrea Gil, Ayla Leiva e Sonia L.Pumarega. Creada por Rosa Acuña Arranxos musicais: Iria Estévez e Gonzo Piña / Vestiario: Espazo de Danza da USC / Produción: Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC. Dirección da Aula: Juan Carlos Zahera A vida como unha viaxe en movemento. Dende as células do organismo, os animais, ata o ser humano, migramos por moitas causas... supervivencia, cambio, adaptación, aprendizaxe e necesidade. Sen migración non existiría a vida e todos formamos parte desa migración constante.
A CASA VELLA presenta TÓCAME E BÁILOTE Elenco: Maria José, Valerie, Getse, Clara e Vivi Creada e dirixida por Nuria Sotelo