A 20ª edición da MITEU (Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense) celebrarase do 16 ao 30 de abril de 2015. O teatro Principal de Ourense acollerá as representacións desta Mostra en colaboración con outros espazos como o Campus de Ourense, o Auditorio Municipal, as rúas ou locais da cidade, nunha edición de longo percorrido tanto en datas como en espectáculos. As liñas da MITEU continúan as tendencias de Teatro Univesitario e Teatro Profesional, humor, novas tendencias escénicas e voces acaladas, apartado no que se fala de países en conflito e que afronta temáticas necesarias coa voz directa dos artistas comprometidos co seu medio. A variedade de estilos e formatos segue a ser unha marca, con teatro de actor, circo, danza, concertos, exposicións, encontros, coloquios, cursos, e autores que van do clásico ao contemporáneo, do texto poético a ausencia de palabra. Unha Mostra que conta co apoio da Deputación Ourense, Universidade de Vigo (Campus de Ourense), Concello de Ourense e Xunta de Galicia. Vémonos na 20ª MITEU.