Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Teatro
7º FITO OTELO

Compartir:

Espectáculo baseado no clásico de William Shakespeare, creado e especialmente adaptado para dous actores, monicreques e obxectos, todos fusionados entre si, onde os bonecos actúan o que os actores non poden facer, acción que busca potenciar a posta en escena, facéndoa moi atraínte e potente para o espectador/a. “Falade de min como alguén que amou demasiado, alguén que por celos, quedou preso da loucura”, di Otelo ao final da peza. A mesma desculpa pódese apreciar na maioría dos diarios sensacionalistas da nosa época, pero a verdade é que cando un home mata a unha muller, é para exercer poder sobre ela, tratando de controlar e posuír o seu corpo e a súa alma. (Cisneros, Unesco 2005). Con esta premisa, Jaime Lorca desenvolveu durante 2011, un obradoiro no Instituto Internacional do Monicreque Charleville de Francia, e quedou convencido de que o teatro da Materialidade era o soporte perfecto para propor unha nova mirada do clásico Shakesperiano. Intentando recobrar o carácter popular que a obra tivo nas súas orixes (Teatro The Globe 1604), a compañía Viaje Inmóvil sorpréndenos cunha montaxe delirante, que mestura seres humanos e monicreques, realidade con fantasía, o humor e a traxedia, o antigo e o contemporáneo.
Duración:
75 minutos
Descanso:
Non
Idioma/s:
Castelán

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar