Redrum Teatro é unha compañía teatral creada no 2009 por mozos procedentes do sector audiovisual que nace coa clara intención de ofrecer alternativas creativas que axuden ao desenvolvemento da industria teatral galega. Apostamos por conxugar grandes valores da nosa escena con novos creadores cunha visión innovadora e arriscada. Entre as máximas da compañía está a posta en escena de espectáculos pensados para o público, primando a claridade na narración e un coidado deseño artístico. “A CANCIÓN DO ELEFANTE” Un eminente psiquiatra desaparece da súa consulta. A última persoa que o ve é Miguel, un paciente obsesionado cos elefantes. A pesar das advertencias da enfermeira xefe, o doutor Villaverde está decidido a atopar unha verdade que tan só Miguel parece coñecer. "A Canción do Elefante" é un apaixonante thriller psicolóxico que manterá pegado na butaca ao espectador ata o seu desenlace