Pendurada da última cornixa do mundo está a pousada Almayer, lugar mítico, lugar nos lindes da existencia, onde o tempo se transforma e trasnforma aos seus hóspedes. Está suspendida sobre o mar, onde a terra acaba e o mar comeza. Un lugar que atrae desde diversos espazos e momentos a un pintor que procura pintar o mar co mar, a unha fermosísima muller que está para sandar de desexo, un profesor que está a escribir unha enciclopedia sobre os límites da natureza, unha rapaza que quere vivir e fuxir da morte en vida e do medo, unha monxa que crea oracións únicas... A eles únese un home que le os pensamentos e que esta posuido pola vinganza. Hai tres nenos que poden entrar nos soños, buscar os ollos do mar ou converterse en muller nun instante. todos procuran algo ou foxen dalgo. Escoitándoos escóitase a voz do mar. Durante a súa estancia na pousada coñecerán o ventre do mar e enfrontaranse á verdade. E cando alguén ve a verdade, muda. Poesía e sensualidade, humor latente, canto doce, berro sobre as ondas e os trebóns, amor profundo, odio nas entrañas, procura incesante de arte e ciencia,... silencio, non ditos... iso e moito máis ábrese diante de nós nesta obra oceánica.
CAFÉ AURIENSE, ACPP (ASEMBLEA DE COOPERACION POLA PAZ), LICEO OURENSÁN, ICC WEEK