¿Quén sabe máis do mundo que aqueles que viaxan por él? Ourense é coñecida como a “terra da chispa” por ser terra de afiadores. Os afiadores ourensans sempre viaxaron moito, tanto pola provincia, coma polo territorio español, coma polo estranxeiro. E contaban historias do que veían, do que vivían e do que escoitaban. Sergio Pazos métese na pel dun deles para contarlle a xente quén son, de onde veñen e a onde van os afiadores. Un espectáculo de narración oral basado nos afiadores, onde se pretende dignificar, recuperar, e falar da sua vida, unha vida dura, solitaria as veces, pero unha vida chea de orgullo. Unha vida chea de historias, algunhas lonxanas, outras moi cercanas. As veces tensas, as veces tenras, as veces tristes, as veces cómicas, pero todas moi humanas, e con moito sentimento galego. E claro está, moito sentimento ourensán, moito ourensanismo. O afiador, o primeiro emprendedor, o primeiro autónomo, o primeiro emigrante, como dirían naquel anuncio da televisión: “tres en uno”. Porque os galegos somos distintos ata para os monólogos, este afiador monologuista intentará sacar “chispas” de humor falando dos afiadores, das personaxes populares e tamén, porqué non, da actualidade mais divertida. Iso sí, con humor galego, pois os galegos temos un humor moi especial. ¿É ou non é?