15 ANOS DE OS DOUS DE SEMPRE é un espectáculo de 90 minutos para todos ós públicos, en clave de comedia, protagonizado por Xosé Touriñán e Marcos Pereiro. Encádrase no xénero teatral, con matices do espectáculo de monólogos, nunha coidada posta en escea que pretende rememorar boa partes dos ambientes desde os que sorprenderon e provocaron os sorrisos dos espectadores en todos estes anos. Dirixido por Evaristo Calvo, trátase dun espectáculo único e irrepetible, pensado nas circunstancias do aniversario, no que non faltarán os personaxes máis coñecidos de todos cantos interpretaron Touriñán e Pereiro na sua traxectoria conxunta. Na escea os actores recrearán non só a parte máis coñecida do seu humor, senón tamén, dalgún xeito, os procesos que levan a dous cómicos a configurar un espectáculo de éxito, e mesmo a súa cara máis humana.