Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Teatro
ALBERTI, UN MAR DE VERSOS

Compartir:

Espectáculo realizado a partir do poemario de RAFAEL ALBERTI Alberti, un mar de versos é un espectáculo impregnado de poesía no movemento, no xesto, nas emocións, nos ritmos e nas imaxes que o conforman. É unha proposta escénica que agrupa diferentes disciplinas para converter a asistencia ao teatro nunha experiencia pracenteira que se fixe na memoria e que relacione poesía e goce, pois é o noso desexo iniciar o itinerario poético do noso público e axudarlle a descubrir e crear un mundo propio desde o xogo, a reflexión e desde o legado de Rafael Alberti. Os primeiros contactos coa arte son definitivos para favorecer o gusto por el, por iso coidamos os elementos plásticos de complementación ata lograr un espectáculo suxestivo, sorpresivo, melódico, lúdico e reflexivo. Un espectáculo para escoitar, ver e sentir. Música, danza, dramaturxia, vídeo creación, espazo escénico e vestiario ao servizo da poética de Rafael Alberti e dos nenos. ARGUMENTO Alba e Ostro atópanse no medio da nada. Alba pinta sobre o ceo cando Ostro rompe a calma coa súa voz. O mar, o ceo e eles. Ostro é o vento, o vento que vén e vai. Ostro busca a Alberti no mar. Alba non sabe quen é, non comprende o mundo, nin a poesía, nin a vida... Alba non comprende, pero a poesía tamén se pinta e ela é feliz pintando. Pintar a poesía co pincel da pintura. Ostro atopa poemas no mar, poemas que conteñen emoción, poemas que conteñen ritmo, o ritmo música e da música xorde o movemento. Alba e Ostro xogan con músicas e cores para encher a nada de vida, de risas, de poemas. Os poemas de Alberti, as cores de Alberti, as emocións de Alberti. Un músico e unha pintora perdidos no medio da nada atopan algo: un poema. O poema contén ritmo; do ritmo xorde unha música; da música, unha canción. Da canción nace un recordo, do recordo aflora un desexo, do desexo xorde outro poema. O poema contén palabras. As palabras, letras. As letras, cores. As cores, emoción. A emoción exprésase noutro poema. Un músico e unha pintora xogan con músicas e cores para encher a nada de poemas. Os poemas de Alberti, as cores de Alberti, os recordos e as emocións de Alberti.
Duración:
50 minutos
Descanso:
Non
Idioma/s:
Castelán

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar