ALMA DE TIGRE propón a creación dun universo paralelo a modo de alegoría no que os intérpretes desenvolven unha linguaxe corporal estilizado a través da danza, da Pantomima e da Commedia Dell`Arte, que se confirma na humanización os obxectos escénicos e na manipulación da escenografía no sentido de dar movemento e vida ás pezas de mobiliario. Deste xeito todo o contido psicolóxico gaña un corpo físico burlesco que xera un efecto de distanciamento e permite elaborar unha relación actor-espectador na que o segundo recoñece que o absurdo, o ridículo e o consecuente efecto cómico das situacións creadas esconden o fondo tráxico que a realidade humana transporta en si mesma. ALMA DE TIGRE é unha fantasía revelada a partir da historia real de dúas irmás e un irmán. A memoria, os afectos, a herdanza e o futuro dan corpo á nova creación orixinal do Elefante Elegante. A través da relación da música co movemento e a interacción cos elementos da escenografía, vanse revelando todos os segredos dunha posta en escena que se fundamenta na dinámica plástica da narrativa teatral. O absurdo, o ridículo e o poderoso efecto cómico das situacións creadas esconden o fondo tráxico que a realidade humana transporta.