Rúa Paz 9
32005 - Ourense
Compartir:
Unha viaxe espiritual cara á interiorización, cara ao encontro dun mesmo, do verdadeiro eu.
Juan de Yepes – nunca o sentido de excepcionalidade do epíteto San Juan tivo tanta identidade – partindo das raíces relixiosas e sociais da súa época e das atroces circunstancias que formaron parte da súa vida – o encarceramento por parte dos seus propios irmáns carmelitas– sae coa súa «casa sosegada» e con «ansias inflamada», ao encontro do seu «amado», desposuído do todo, para conseguir o Todo: a experiencia mística.
Utilizando a poesía, «único vehículo para comunicar os sentimentos», envólvenos e vainos mostrando unha subida plena de sensualidade: beleza, cor, cheiro…, imaxes que nos van levando ao estado de plenitude e goce que só unha alma como a súa pode alcanzar.
Un «non se que», dicía el; «certezas inexplicables», dicía Paul Valéry.
Organiza / patrocina
INAEM
Teatro Principal de Ourense
Deputación Provincial de Ourense
Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com
CONTACTOContribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.
© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com