20'00 h. CLAUSURA DA 28ª MITEU. TEATRO PRINCIPAL
20:15 h. "AS CIDADES AGOCHADAS"
O Emperador quere saber como son as cidades do seu imperio. A Viaxeira cóntalle.
Dese conto xorden cidades da memoria, do desexo, da morte, do poder ou as agochadas, as
escondidas. Todas elas entrelázanse con ritmo, poesía, miseria, desexo, invisibilidades, intercambios,
humor...
A cidade é o espazo onde nos reunimos, o espazo que decidimos compartir millóns e millóns de
persoas en todo o mundo. Atópase tranquilidade ou ansiedade, seguridade ou medos. A cidade é,
tamén foi, pero podería deixa de ser... ou non.
O Emperador domina pero non coñece. A Viaxeira coñece pero non quere dominar. Soña cidades,
relata cidades, escoita e vomita cidades que se presentan diante dos nosos ollos nun espectáculo
performativo, baseado no movemento e na creación actoral de espazos imaxinados.
Desertos, montañas, ríos, arrabaldes preséntanse nesta obra que por veces danza diante de
espectadoras e espectadores, outras veces borboriña aos seus ouvidos. Unha propuesta na corda
frouxa, na sutileza dun traballo fráxil, coa conciencia de que nada existe antes de que o moldeen
corpos, voces, sentidos e emocións. Conscientes tamén de que cando a actuación cese, só existirá a
lembranza. De como sexa a acción dependerá a pervivencia do recordo.