Illas desertas nace como resposta un mundo competitivo que só sabe camiñar nunha única dirección: a de facernos produtivas. O espectáculo propón unha travesía cara a nada, ancorada na
narrativa e na poesía audiovisual onde o público é parte activa da peza.
Illas Desertas é unha experiencia inútil, unha viaxe cara á nada, un canto ao fracaso, unha conquista do inútil, unha viaxe interior.
É habitar, abrir, reencontrarse con eses territorios ignotos que nos habitan interiormente e que buscan saír á boia cando a vida nos sacude, cando nace ese baleiro que o material non pode encher. Por que non roubarlle tempo á morte con esta aventura? A través do movemento, das voces en off, da realización de cinema en directo, da interpretación, do son, da poética dos obxectos, da construción de maquetas e do traballo con máscaras xéranse paisaxes escénicas cunha enorme carga poética, salpicados das experiencias e reflexións de dous aventureiros: a
aviadora Amelia Earhart e o explorador Ernest Shackleton.
Illas Desertas conta co apoio de AGADIC, Compañía Fura dels Baus, Colectivo RP, Sala Ingrávida, Concello de Santiago e Teatro Rosalía de Castro da Coruña e Concello de Tui.
Para ter unha óptima experiencia no espectáculo "ILLAS DESERTAS" precísase que descargue a app KALLIOPE no seu teléfono móbil con acceso a internet. No momento da representación o seu móbil formara parte do espectáculo, non o esqueza, Kalliope facilitará a súa interacción e inmersión no espectáculo. Kalliope está dispoñible gratuitamente para Android e para iPhone:
Android:
https://play.google.com/store/apps/details?id=com.pangea.kalliope&hl=es_419
Apple Store (iPhone):
https://apps.apple.com/es/app/kalliope/id1116037649