Rúa Paz 9
32005 - Ourense
Compartir:
Monólogo traxicómico no que o actor Josito Porto interpreta a curiosa e polifacética vida de Matías Houseman, desde a súa adolescencia ata a súa vellez, é dicir, que durante pouco máis de unha hora recrea unha existencia de máis de sesenta anos, nos que Matías transita continuamente de profesión en profesión.
Matías Houseman chega a ser estrela da música, futbolista de primeira división, actor de teatro, mafioso, líder espiritual e incluso presidente do goberno, entre outras moitas actividades que realiza mentres os anos van pasando e moldeando a súa complexa personalidade.
O espectáculo, de ton principalmente humorístico, está marcado pola variedade, intrínseca na maneira de vivir do personaxe arredor do que xira a peza. Esta variedade permite non só un dinamismo escénico evidente, acentuado polas cancións interpretadas en directo, os números mímicos e os monólogos cómicos, senón que ademais obriga ao público existente a trasladarse a outros espazos sen ter que moverse da butaca. Por veces, o público sentirase como espectador dun concerto de rock, para pouco despois ocupar o lugar dun asistente a un partido de fútbol, ou un convidado a unha charla de carácter espiritual, ou o confidente das confesións dun perigoso mafioso.
Colabora
Teatro Principal - Deputación provincial de Ourense
Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com
CONTACTOContribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.
© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com