Luces distinto, fixéches algo no pelo?. Non lembraba esa parte desta canción, é unha versión?. A pata da mesa xa non calza como antes, a porta non pecha... Botes de crema que non se terminan nunca, obxectos que cambian de lugar misteriosamente; a realidade non é a mesma cada mañá. Heisenberg pregunta se existe o mundo cando non o miramoe e Einstein responde que el prefire pensar que a lúa segue ali aínda cando non lle facemos caso, pero no medio dos dous, os protagonistas de CALYPSO: R, G e B fan o seu traballo. Eles son responsables de que, cada mañá, cando espertes, todo estea no teu xusto lugar, tal e como ti o deixaches onte á noite. Aínda que, claro, como di Billy Wilder: Ninguén é perfecto. A cuántica está moi ben, pero dime, como nos afecta todo isto a ti e a min agora que parece que o noso acaba?. E, sobre todo, como lle afecta todo isto a noso can?. Calypso é unha despedida afectuosa a un sistema que se derruba e una saúdo curioso a unha nova orde aínda por descubrir.