"CARPE DIEM" é a atrevida tentativa de converter en teatro un dos mais excitantes contos do maior autor vivo na nosa língua: Rubem Fonseca, gañador do Premio Camões en 2003. A anécdota é cinematográfica: Unha muller e un home coñecense nunha previsíbel festa de fin de ano e comezan unha relación ilícita: os dous son casados con outras persoas. Un caso de adulterio entre persoas da clase alta. A rotina dos amantes consiste en cinema de barrio e motel barato, moi lonxe do seu ambiente É unha aventura imaxinaria nun motel co ar condicionado avariado. Entre a fantasia do cinema e as obrigas conxugais desenvolvese este drama escaldante. En palco aparecerán o autor, manipulando as suas pequenas criaturas como se fosen ratos de laboratorio, os dous amantes, e un músico, ennobrecendo con aveludadas melodías o frívolo affaire. Non debiamos dicilo, mais todos estes asuntos, acaban por confluir nun crime por causa da moi daniña influencia do cinema, porque do que se come, criase. Rubem Fonseca, o maior escritor vivo da língua portuguesa estendeu o seu talento sobre un xénero considerado literatura de consumo: o policial. Linguaxe explicito, violencia, enigma e cinismo son alguns dos elementos que nos excitan e nos desafian dende a obra deste Prémio Camões. Obras como “Buffo e Spalanzani”, “Feliz ano novo”, “Pequenas criaturas”, “A coleira do cão”, “Bastas emoçoes pensamentos imperfeitos” ou “A grande arte”, deitan unha visión distante e impiedosa sobre a condición humana. Ten sido adaptado ao cinema en moitas ocasions e, en menor medida, ao teatro. Esta é a primeira vez que vai ser representado na Galiza, e que nos saibamos, en Portugal.