O meu pai é Lear, pero nunca entrou nun teatro. Eu son Cordelia. E son directora de teatro. Como ela, vou buscar a Lear, vou atreverme a miralo e vou tentar perdoar. E vouno a facer desde un escenario. Cada noite, un actor distinto, será Lear, será o meu pai, será un posible pai, un que si queira sentar nun teatro para conversar.
SOBRE O PROXECTO Nesta ocasión Andrea investiga os cruces entre ficción e realidade, teatro e performance nesta irreverente adaptación de Rey Lear de William Shakespeare, na que dirixirá en directo a un actor distinto cada noite no rol de Lear. Andrea abre así un espazo de encontro con todo unha xeración de actores e homes para reflexionar sobre a paternidade, o amor e o perdón, nun exercicio teatral tan valente como lúdico. Esta versión-simulacro de Rey Lear aspira a ser unha porta aberta para pensar como nos relacionamos cos nosos pais, os biolóxicos, pero tamén os metafóricos, incluído o mesmo William Shakespeare. É unha autoficción a partir dun clásico ou un clásico autoficcionado, e oxalá ningunha das dúas cousas. É unha peza sobre a orixe, sobre como o que veu antes perséguenos aínda que queiramos ignoralo. Sobre como nos constrúen quen nos precede. Sobre como inventar unha vida que che pertenza sen esquecer o pasado. Sobre como imaxinar outros finais posibles.
Andrea Jiménez, creadora de Casting Lear.