Rúa Paz 9
32005 - Ourense
Compartir:
Tres profesionais cunha longa historia anterior de colaboracións diversas, desembocaron no 2015 na idea de ifrecer no Auditorio do Conservatorio Profesional de Música da Coruña (onde os tres eran profesores) unha obra orixinal de Marcial de Adalid para voz, corno inglés e piano, Doce Brise. Para mellor enmarcar a obra, escribíronse para esa mesma formación tres novas obras: Romance de la luna y el viento (Juan Pérez Berná), Outono cedo de gaitas (Juan Durán) e Le Chant des serenes (Margarita Viso).
Logo desta aparición pública como trío, deciden ampliar o repertorio en base á música de compositores galegos e incorporan o óboe. Así xorden obras orixinais como A Rosalía (Margarita Viso) ou Has de cantar (Juan Pérez Berná). Tamén se adaptan clásicos como a Alborada de Veiga ou O Moucho de Piñeiro. A presenza de Rosalía en tantos poemas musicados por compositores galegos e non galegos do pasado e do presente percíbese como unha pulsión poético-musical continuada que leva ao grupo a tomar nome da nosa poeta maior.
Ofrecen o seu concerto de presentación como Rosalía trío no Sporting Club Casino da Coruña o 2 de febreiro de 2018. O 24 dese mesmo mes participan na celebración na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos onde foi bautizada e mais na Casa-Museo da Matanza, Padron, alí tocarán o piano que inda se conserva que pertenecera a Gala, filla de Rosalía. Tamén como Rosalía Trío actuaron este ano no Teatro da Estrada. O programa que se ofrce hoxe esta integramente composto por música galega para trío.
Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com
CONTACTOContribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.
© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com