BUDIÑO PRESENTA NOVO DISCO "BRANCA VELA"
O músico e compositor Budiño publica BRANCA VELA, o seu oitavo disco, co que busca "volver desprazar" ao seu público cunha mestura de percusión tradicional e electrónica "orgánica", todo iso combinado con algunhas das grandes voces do circuíto galego como como o son Guadi Galego, Leilía ou De Vacas. Neste traballo tamén destacan as letras das propias cancións, onde Budiño conta coa colaboración de dúas grandes figuras da literatura galega como son Manuel Rivas e Antía Otero.
Tras dar protagonismo á súa voz nos seus traballos anteriores, o músico decide agora centrarse en dar valor á parte percusiva e as capas sonoras das súas gaitas e frautas. Os múltiples elementos de percusión tradicional conectan coas súas xa característicos sons electrónicos ao longo do disco, aínda que non deixa de lado algunhas voces que sorprenderon a Fulgor.
Todo o disco está producido por el mesmo desde o seu estudo "Ardora", nun traballo que destaca pola investigación previa de moitos grandes produtores. Os elementos que compoñen o disco son producidos integramente por Budiño, desde a gravación de percusión, o procesamento das voces e a mestura dos temas. O creador de discos como Paralaia (1997) ou Zume de Terra (2004) tamén destaca que busca transcender cun son recoñecible, por iso leva décadas recompilando e tratando sons para crear o seu propio arquivo.
O oitavo disco do compositor galego contará cun directo exclusivo que combinará o virtuosismo do músico, unha banda de novos talentos e algunhas das mellores voces deste país. O novo directo de Budiño promete ser unha gran combinación de música e danza, do tradicional co vangardista, é un espectáculo exclusivo e irrepetible, unha oportunidade única.