A CORAL DE RUADA foi fundada no ano 1918 polos ourensáns Fabriciano Iglesias, Xabier Prado “Lameiro”, Xulio Prieto Nespereira, Virxilio Fernández e Cesáreo Eire. Presentouse no Salón Apolo de Ourense o día 24 de xuño de 1919, sendo o seu primeiro director o mestre Daniel González.
Dende entón, actuou na práctica totalidade dos pobos e vilas de Galicia e nas principais cidades de España, ademais de varias cidades europeas e americanas. Na actualidade centra o seu labor na difusión dos temas folclóricos e polifónicos galegos.
Ten gravado numerosos discos, sendo o último traballo publicado o CD-DVD “De Ruada entre Amigos” (2016) que contén colaboracións de importantes grupos e artistas galegos e extranxeiros (Luar na Lubre, Milladoiro, Cristina Pato, Andrew Cronshaw, Tigran Aleksanyan, Treixadura, Brañas Folk, Os Melidaos, Gomes Mouro...).
PROGRAMA
Grupos instrumental e de baile da Coral De Ruada:
Muiñeira da Limia (Popular galega)
Coral De Ruada:
Nöel (Tradicional francés)
O Rei Wenceslao (Tradicional inglés)
A Belén vinde pastores (Popular / Harm.: A. Jaunsarás Sanmiguel)
Os paxariños (Aurtxo seaskan) (G. Olaizola Gabarain / J.J. Rumbao Requejo)
O Neno durmía (A. I. Paz Valverde)
Coro do Colexio Padre Feijóo-Zorelle:
Los doce días de Navidad (Tradicional inglés)
En Nadal (F. Méndez / T. Lightman)
Coro do Colexio Padre Feijóo-Zorelle e Coral De Ruada:
Vinde ver o Neno (Popular / Harm.: A. Jaunsarás Sanmiguel)
Coral De Ruada:
Noite de Paz (F. X. Gruber / A. Jaunsarás Sanmiguel)
Coral De Ruada e os seus grupos instrumental e de baile:
Foliada de San Xusto (Popular)
Grupos instrumental da Coral De Ruada:
Muiñeira de Armenteira (Popular galega)