Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA "MESTRES DAS CORTES REAIS"

Música
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Compartir:

Real Filharmonía de Galicia
 
   A Real Filharmonía de Galicia créase no ano 1996 en Santiago de Compostela, e ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia, na cidade de Santiago de Compostela. Está formada por cincuenta músicos de 17 nacionalidades diferentes. Baldur Brönnimann é, desde xaneiro de 2023, o seu director titular e artístico; Maximino Zumalave o seu director asociado e Joana Carneiro a principal directora convidada. Coa orquestra colaboran os máis destacados directores, cantantes e instrumentistas de todo o mundo.
   A RFG está comprometida en achegar a música clásica a todo o territorio galego, aos públicos máis novos e destaca, ademais, o seu compromiso co patrimonio musical galego. Xestionada polo Consorcio de Santiago, a RFG está financiada pola Administración Xeral do Estado, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago.
 
 
PROGRAMA:
 
    “Mestres das Cortes Reais”
   Este programa podería titularse "xoias dos mestres das cortes reais". Comeza co napolitano Domenico Scarlatti, brillante e prolífico compositor de sonatas (escribiu máis de 550). Foi mestre da corte en Madrid despois de percorrer Europa, influencia que se deixa sentir na Sinfonía en Do Maior para cordas e baixo continuo. Mestre da corte portuguesa tamén foi Pietro Giorgio Avondano, dotado dunha gran vea dramática que emerxe na súa Sinfonía para cordas e baixo continuo. A enorme produción de Luigi Boccherini, músico na Corte de Felipe V, quedou eclipsada pola fama da súa Musica Nocturna nas rúas de Madrid, malia estar convencido de que non podería entenderse fóra do país. Súa é tamén a última obra, a Sinfonía núm. 6 A casa do demo, título enigmático que non se debe ao compositor. A partitura perdeuse durante a Guerra Civil, chegando ata hoxe a través dunha copia francesa.
 
 
DOMENICO SCARLATTI (1685-1757)
Sinfonía en Do Maior para cordas e baixo contínuo
 
PIETRO GIORGIO AVONDANO (1692-1754)
Sinfonía en Re Maior para cordas e baixo contínuo
 
GAETANO BRUNETTI (1744-1798)
Sinfonía núm. 22 en sol menor para 2 óboes, fagot, 2 trompas e cordas
Allegro vivace
Andantino amoroso
Quintetto. Allegro moderato
Allegro di molto
 
LUIGI BOCCHERINI (1743-1805)
"Musica Notturna nelle strade di Madrid" núm. 6, op. 30
Le campane de l'Ave Maria
Il tamburo dei Soldati
Minuetto dei Ciechi
Il Rosario
Passacaglia
Il tamburo
Ritirata
 
Sinfonía núm. 4 en re bemol menor, op. 21 "La casa del diavolo"
Allegro meastoso
Grave
Allegro con molto

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Data/s:
07 Feb 2024
Hora/s:
20:00 horas
Duración:
85'
Público:
Todos

Organiza / patrocina

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar