Borja Quintela (1989) é un cantante e compositor ourensán que comezou no mundo da música aos 19 anos. Tras gañar un concurso de karaoke, sendo a primeira vez que cantaba en público, deuse conta de que a súa voz podería ir máis aló e comezou a recibir ofertas por parte do mundo da verbena.
Decidiu formarse como vocalista, preparándose con clases de canto para traballar profesionalmente con formacións como a Orquestra Costa Dourada e a Orquestra Nova Banda.
Mentres compaxinaba o seu traballo como vocalista, foi descubrindo as súas capacidades para compoñer e escribir. Así mesmo, decidiu tomar clases de piano para que, desta forma, este convertésese no instrumento acompañante nos momentos de inspiración á hora de compoñer.
A día de hoxe, o ourensán conta cunha experiencia de máis de 300 actuacións encima dos escenarios.
“Todo e Nada” é o nome que recibe o primeiro álbum en solitario composto por Borja Quintela.
O espectáculo terá unha duración de 80 minutos onde se presentarán as cancións do disco, se versionarán os seus dous grandes éxitos “O Rozamento da túa Pel” e “Ata Quitarche A Roupa”, sumados a varias cancións inéditas.
A banda que acompañará a Borja Quintela estará integramente composta por músicos ourensáns de primeiro nivel. Coa posibilidade de sumar artistas invitados e coristas con carreira profesional.
A música en directo e apta para todos os públicos, estará acompañada da gravación do concerto con varias cámaras para subir posteriormente a redes sociais (Youtube, Facebook, Instagram…).