Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Música clásica
CONCERTO DA ORQUESTRA DE CÁMARA DE TOULOUSE

Compartir:

Nada do desexo de lanzarse na gran aventura musical dos 50, a Orquestra de Cámara de Toulouse foi fundada en 1953 por Louis Auriacombe. Constituíuse con 12 instrumentistas de corda solistas.
 Rápidamente e grazas a un arduo e minucioso traballo, o grupo adquiriu a súa personalidade musical; amplitude e riqueza de cores, claridade de expresión.
 Polo seu entusiasmo e dedicación, cun vasto repertorio que vai dende a música barroca á creación contemporánea, a Orquestra obtivo notoriedade nacional e internacional rápidamente.
É o comezo dunha aventura musical e humana, ininterrompida ata o día de hoxe a pesar de moitas peripecias, que levará á orquestra a todos os continentes para atoparse con todos os públicos.
A historia dun éxito cegador, a historia de homes e mulleres que nunca renunciaron nin á súa paixón nin ós seus valores. A historia dunha "troupe" impulsada por un ideal, que deu máis de 5.000 concertos en máis de 30 países diferentes, e gravado máis de 60 discos. Xeracións de músicos sucedéronse, o estilo de interpretación evolucionou constantemente, a organización administrativa modernizouse, sen que a orquestra renuncie nunca á actitude existencial dos seus primeiros fundadores: “Non hai concertos pequenos, non hai público pequeno”.
É con esta frase que damos a benvida a todos os novos músicos dende a fundación da orquestra. Os músicos máis antigos entre nós foron formados no pupitre polos fundadores da OUT en 1953, e esta tradición que recibimos das súas mans, transmitímola á súa vez ós máis novos que, desexamos, enriquézana coas súas propias ideas e transmítana de novo ás xeracións posteriores.


PROGRAMA 
(CON INSTRUMENTOS ORIGINALES BARROCOS )
 
                       I Parte

Ch.Avison (1709 - 1770)- D.Scarlatti(1685-1757) 
Sinfonia N°3 en re menor para dos violines violonchelo,
cuerdas y bajo contínuo en Re menor   
  • Largo andante
  • Allegro spiritoso
  • Amoroso
  • Allegro 
 
 
E.F.Dall’Abaco (1675-1742) 
Concerto da Chiesa, Op.2 N°4 en la menor 
  • largo
  • Allegro
  • Andante
  • Allegro assai
 
A.Vivaldi (1678-1741) 
Concerto alla rustica, RV 151 en Sol mayor 
Concerto RV 127 en re menor 


         II Parte
 
Pietro Locatelli (1695-1764) 
Concerto grosso op 1, n°3 en Si bemol mayor 
  • Largo
  • Allegro
  • Largo-Allegro
  • Vivace
  • Allegro
 
A.Corelli (1653-1713) 
Concerto grosso op 6 n° 3 en do menor 
  • Largo
  • Allegro
  • Grave
  • Vivace
  • Allegro
 
A.Corelli (1653-1713)- F.Geminiani (1687-1762)  
Concerto Grosso en re menor La Follia 
 

     
Data/s:
30 Mai 2024
Hora/s:
20:00 h
Duración:
80'
Público:
Todos

Organiza / patrocina

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar