Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Concerto de Luar na Lubre "Vieiras e Vieiros, historias de peregrinos"

Música
Concerto de Luar na Lubre

Compartir:

‘Vieiras e vieiros, historias de peregrinos’, é o 19 traballo discográfico do grupo Luar Na Lubre, un álbum que visualiza a pegada artística, cultural e natural do Camiño de Santiago a través das historias de quen percorreu os sendeiros: os peregrinos.
O título do disco é un xogo de palabras que fai referencia, precisamente, as historias de fondo que son protagonistas neste traballo: o factor humano da ruta xacobea. Tal e como explica Bieito Romero, “as vieiras son o símbolo máis recoñecible de Santiago como apóstolo e tamén dos peregrinos que, en numerosas ocasións, levaron para a súa terra desde as nosas praias. Estes viaxeiros foron e son os portadores das vieiras quen, co seu camiñar, construíron e seguen a construír os vieiros que conforman as diferentes rutas xacobeas, desde o Camiño Primitivo até os numerosos sendeiros que hai na actualidade. Eles, que levan as vieiras, fan os vieiros”.
‘Vieiras e vieiros, historias de peregrinos’ é un amplo traballo no que Luar Na Lubre pon en valor a banda sonora dos territorios polos que transita o itinerario xacobeo, e que abrangue lugares como O Cebreiro, A Fonsagrada, a Costa da Morte ou a propia cidade de Compostela. “As prolongacións do Camiño ata Fisterra e Muxía son os remates naturais do antigo Camiño das Estrelas dos celtas, a ruta que levaba os peregrinos ao final da terra, até o punto no que comezaba o mar”, sinala Romero. Así, o disco inclúe, ademais das novas creacións de Luar Na Lubre, “as sonoridades propias que agroman ao longo do Camiño e as músicas tradicionais que estiveron, durante moito tempo, presentes na ruta xacobea”, afirma o artista.
‘Vieiras e vieiros, historias de peregrinos’ inclúe tamén un segundo disco que recompila algúns dos temas de Luar Na Lubre vinculados á ruta xacobea ou ao nacemento da mesma. “A nosa creación é moi propia e persoal, pero está moi relacionada coas músicas tradicionais e, especialmente, coa lírica galega medieval”, expón Bieito Romero. Así, neste segundo traballo aparecen cantigas que Luar Na Lubre versionou en anteriores ocasións, e conta con colaboracións tan interesantes como as de Diana Navarro, Ismael Serrano, Pablo Milanés, Miro Casabella, a Orquestra Sinfónica de Bratislava ou Carlos Jean.

 
Data/s:
14 Xan 2022 15 Xan 2022
Hora/s:
20:30
Duración:
90 minutos
Descanso:
Non
Público:
Adulto

Organiza / patrocina

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar