Creada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Palacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) é unha das agrupacións orquestrais de maior proxección en España ademais dunha marca internacional con seguidores nos cinco continentes a través da súa canle de Youtube.
A OSG, cuxo director titular dende a tempada 2013-14 é Dima Slobodeniouk e Víctor Pablo Pérez o seu director honorario, foi orquestra residente do Festival Rossini de Pésaro de 2003 a 2005 e do Festival Mozart da Coruña desde a súa creación en 1998. Ademais, a súa presenza nacional e internacional foi constante, con concertos nas mellores salas en España e con varias xiras por Alemania e Austria. En 2007 realizou unha xira por América do Sur con concertos en Chile, Arxentina, Brasil, Uruguai e Montevideo, a finais de 2009 presentouse na histórica sala do Musikverein de Viena e en 2016 ofreceu dous concertos nos Emiratos Árabes.
Na súa discografía para selos como Deutsche Gramophon, Sony, BIS, EMI, DECCA, Koch, Naïve, BMG e Arts figuran nomes como os de Juan Diego Flórez, Kaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Iván Martín, Manuel Barrueco con quen foi nomeada ao Grammy 2007 polo mellor álbum clásico do ano, María Bayo, Plácido Domingo, Juan Pons ou Ewa Podles entre outros.
Programa:
I Parte
Federico García Lorca (1898-1936), 30’; Canciones españolas antiguas.
II Parte
Manuel de Falla (1876-1946), 35’; El corregidor y la molinera.