HABITACIÓN VUDÚ banda de rock-indie da Limia (Ourense), publicaron o seu primeiro EP “Flores Falsas” na primavera de 2015 que lles permitiu presentalo no Festival Cultura Quente de Caldas de Reis e foron elixidos para abrir o concerto de The Gift en Montalegre (Portugal).
En 2018 publican o seu segundo EP “No Aire”, producido por Luis Antelo. Este novo traballo mostra un son fresco, auténtico, de cadencia alternativa e alma rockeira, iniciando xira en o Festival Portamérica nese mesmo ano, compartindo escenario con Izal e Vetusta Morla. En 2019 culminan a súa xira actuando en o Festival da Luz onde comparten cartel con Luz Casal, Mikel Erentxun ou Celtas Curtos.
En 2021 publican o sinxelo “O Circo” e en 2022 HABITACIÓN VUDÚ é a banda teloneira do grupo PLACEBO en Ourense.
Na actualidade HABITACIÓN VUDÚ está a traballar xunto ao produtor Juan De Dios (produtor de grupos como Deluxe ou Amaral, entre outros) no que será o seu novo traballo discográfico que verá a luz este outono.