A Filarmónica de Cámara de Colonia propónse como meta facer soar a música clásica en todo o mundo. Para esta tempoada o calendario de concertos da F.D.C xa está completo. Uns 150 concertos en Alemania e en máis de duascentas localidades internacionais.
A Filarmónica de Cámara de Colonia foi fundada no ano 2003 en Colonia, cidade famosa internacionalmente polo seu conservatorio e seus profesores de música. Aquí nas clases maxistrais dos profesores Viktor Tretjakov, Maria Kliegel, Robert Winn, Frans Helmerson, Zakhar Bron, Ralph Manno la F.D.C recluta constantemente os seus talentos. Xa son máis de cen músicos que actúan nas diversas formacións.
Paralelamente a nosa xira mundial levaranos a Nueva Zelanda, Australia, España, Gran Bretaña e a través de toda Alemania. Durante as preparacións pomos especial atención na selección das obras e dos nosos solistas.
Grazas á especial individualidade dos solistas da orquestra, a Filarmónica de Cámara dalle a cada músico a posibilidade de presentarse como solista.
A Filarmónica de Cámara ten como divisa que o seu repertorio esté composto das máis selectas obras. Así actúan grandes mestres da música como Wolfgang Amadeus Mozart e Antonio Vivaldi en diálogo con obras dende Sergei Prokofieff hasta o rei do tango, Astor Piazolla. Esta mezcla promete unha diversidade o máis alto nivel.
O noso obxetivo principal consiste en entusiasmar e promover a música clásica por todo o mundo.