A Real Filharmonía de Galicia inicia o seu camiño en Santiago de Compostela en 1996. Paul Daniel é, desde 2013, o seu director titular e artístico, posto no que lle precederon Helmuth Rilling e Antoni Ros Marbà. Está formada por cincuenta músicos de 17 nacionalidades diferentes.
Con sede no Auditorio de Galicia e xestionada polo Consorcio de Santiago, mantén unha tempada de abono estable. Ao longo da súa traxectoria acompañárona os máis destacados directores, cantantes e instrumentistas do mundo. Realizou xiras e concertos en escenarios de Alemaña, Austria, Francia, Brasil, Arxentina, Cuba e Portugal, país co que mantén unha estreita colaboración. Comprometida co territorio ao que presta servizo, actúa asiduamente por toda Galicia.
PROGRAMA:
W. A. Mozart: Abertura de Cossí fan tutte, KV. 588
D. Tabakova*: Fantasía homenaxe a Schubert*
C. M. v. Weber: Concerto para clarinete nº2 en Mi b M, op. 74
F. Schubert: Sinfonía nº 5 en Si b M, D. 485