Continente María é un canto á vida e ao teatro a través do dialogo coa extraordinaria figura de María Casares.
Mediante as múltiples posibilidades que nos ofrece o teatro, evocamos a María no só como a inesquecible actriz que foi, senón tamén como o ser humano que se entregou con absoluta intensidade a vida e a escena para vencer o medo e sobreponerse ao exilio, descubrindo nas táboas a súa verdadeira patria.
A Casares preséntasenos como un mapa a percorrer, mais non como turistas, senón como viaxeiras curiosas, gozando dos detalles que nos proporciona a súa paisaxe, chea de vitalidade e ganas de vivir en presente absoluto todo o que a realidade e a poesía nos poden ofrecer. Un mapa dun Continente inabarcable no que queremos permanecer porque estamos seguras de que vivir nel nos fará mellores como individuos e como sociedade.
Conversamos có legado de María tratando de recoller a retranca, o humor e a musicalidade que se desprende das súas entrevistas e escritos, que se descobren ante nós como un faro que dá luz e claridade a un presente que precisa de referentes de liberdade e compromiso.