"Arrainaos" é unha das obras fundamentais da literatura galega, unha suma de relatos que estremecen, fan reflexionar, e fan deambular por mundos nos que transitan o erotismo, a dupla moral, a miseria, a conciencia e a grandeza de alma e de vida. Universos habitados por personaxes misteriosos a través de tempos e momentos históricos diferentes. Imaxes de tal potencia que nos fan sentir o aire xélido das serras, a atmosfera máxica dos corredores, o desacougante silencio. Que nos fan pasar polo medo dos habitantes posuídos polo pasado, polas paixóns, os traumas e o poder das supersticións e dos mitos. A realidade e a ficción, fúndense.
A Raia Seca ourensá é unha metáfora de mundos reais adobados pola ficción. A idea de fronteira, da liña divisoria, punto de escisión e de unión, lugar de encontro e separación. Espazos vitais nos que os límites non son soamente físicos nin fronteirizos.
Os límites están na condición humana, no que de verdade nos converte en arraianos.
FUNCION SÁBADO DIA 17 DE SETEMBRO AS 21:00 HORAS:
https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/teatro/teatro-principal-de-ourense/14219--sarabela-teatro-contos-arraianos.html