O ourensán Pablo Rivero estréase na dirección con esta obra de Heiner Müller, xusto no 20 aniversario da morte do dramaturgo. Esta produción conta coa colaboración do Goethe-Institut alemán que presta especial atención ás tendencias máis actuais e ao diálogo con creadores e promotores da cultura española. Rivero Madriñán traballou de axudante de dirección en a Compañía Nacional de Teatro Clásico e tamén foi director residente do musical “Sonrrisas y Lagrimas”. É socio fundador da compañía 611teatro, galardoada recentemente con dous Premios ADE por ”Los Justos” de Albert Camus. Temas universais como o amor, a morte, o desexo e o compromiso, exponse con crueza e profundidade no laberíntico texto que Müller constrúe e que xogamos a desentrañar coincidindo co vixésimo aniversario da súa morte.