Rúa Paz 9
32005 - Ourense
Compartir:
Curriculum Vitae” é unha comedia de rabiosa actualidade que xira entorno ás entrevistas de traballo. Todos pasamos por elas e todos temos amigos que nos contaron historias increbles vividas nalgunha entrevista laboral. E cómo o teatro ha de ser un espello da realidade quixemos mesturar, recompilar, coller de aquí e de alá… e como non, tamén inventar, para crear un espéctaculo no que o espectador se poida ver claramente reflectido e ao mesmo tempo pase unha hora agradable.
Contamos neste proxecto coa colaboración de grandes valores das letras galegas que farán que cada historia teña o seu selo particular.
Diego Ameixeiras, gañador do Premio Xerais de novela en 2006 por Asasinato no Consello Nacional” será quen poña a primeira pedra de Curriculum Viate” ironizando acerca dos traballo lixo. Araceli Gonda, coñecida xornalista e guionista de series de éxito como Padre Casares” nos divertirá e advertirá acerca dos perigos de mentir nos currículos. Avelino González, gañador de premio María Casares en dúas ocasións por Bicos con Lingua” e Pelos na Lingua”, polo que este ano tamén acaba de gañar o Premio Max, ensinaranos que ás veces un enchufe vale máis que mil palabras. Manolo Cortés, actor, guionista e fundador do grupo Chévere”, presentanos a dous candidatos que agardan a súa quenda nunha estraña ETT. E para poner o broche e ouro a Curriculum Viate” o gañador en dúas ocasións do Premio Max, José Prieto, introduciranos no maravilloso mundo dos bolseiros e as candidatas bipolares.
Colabora
Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com
CONTACTOContribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.
© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com