Rúa Paz 9
32005 - Ourense
Compartir:
En coprodución co Teatro Arriaga de Bilbao, Teatro Calderón de Valladolid, Clece e Kamikace Producións, coa colaboración do Teatro Cuyás de Las Palmas. Estrea en Madrid, Teatro Español do 12 de Abril o 27 de Maio. O poeta escocés Robert Burns escribiu en novembro de 1785 o poema titulado A un ratón al deshacerle el nido con un arado no que un campesiño se dirixe desolado ao pequeno roedor ao que acaba de destruír o fogar.
As dúas últimas estrofas din así:
Uno más eres de los desdichados
que ven todos sus planes anulados:
de ratones y hombres quedan truncados,
los proyectos mejores,
¡y en vez de los éxitos anhelados,
nos quedan sinsabores!
Mas ¡bien estás comparado conmigo!
Es el presente tu único enemigo:
pero ¡ay! ¡yo miro hacia atrás y veo, amigo,
un sombrío camino!
Y, si miro adelante a oscuras sigo,
porque miedo me da cuanto adivino.”
John Steinbeck utilizou ese verso para compoñer o título da súa famosa novela De ratones y hombres que máis tarde el mesmo convertería nunha obra de teatro alentado polo éxito inmediato que obtivo a súa publicación. A historia de George e Lennie, protagonistas da obra, é desvastadora. Unha traxedia moderna que se desenvolve na gran depresión americana dos anos trinta do pasado século da que Steinbeck foi cronista nunha serie de reportaxes para o The San Francisco News e que utilizou como pano de fondo na maioría da súa obra.De ratones y hombres” é unha historia estremecedora cun final terrible. Unha historia sobre homes e mulleres que se moven no vacilante límite entre a dignidade do ser humano e a animalización. Entre a razón e o instinto. Entre os que loitan para saír adiante e os que se deixan arrastrar por cansazo, incapacidade ou esgotamento. Entre os que soñan e os que, simplemente, dormen. É unha loita extenuante que se produce a o noso arredor a cada paso. Talvez por iso, moitas veces, pasa desapercibida ou simplemente evitamos fixarnos nela. Pero se o fas, se te paras e miras verás que a loita está interiormente iluminada pola grandeza de corazón e a grandeza de espírito, pola dignidade, pola coraxe, pola compaixón e polo amor... Doi, pero ilumina.
- Miguel del Arco
Colabora
Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com
CONTACTOContribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.
© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com