Rúa Paz 9
32005 - Ourense
Compartir:
En Diva, a artista Maria Calas áchase no ocaso da súa vida. Reside en París afastada de todo. A súa voz é só unha sombra do que foi. A crítica cebouse con ela nas súas últimas aparicións e non volveu a cantar en público. A realidade da súa decadencia faille aferrarse a un mundo de recordos. Desdeña o presente, pero convence ao seu repetidor Ferruccio para que a acompañe nun imaxinario repertorio que xa non poderá realizar. Por momentos confúndeo con Onassis, o seu gran amor, que a abandonou por Jackie Kennedy. No seu delirio xorde a nostalxia dos momentos máis apaixonados e estelares.
Mesturando o odio e o amor, imaxínase ao magnate grego como parella dos grandes dramas operísticos que ela protagonizou. Alguén que a mata ou alguén con quen morrer ao final da ópera da súa vida. É o inicio do camiño cara ao seu propio e misterioso final, que moi pronto realizará á súa vontade.
Organiza / patrocina
Teatro Principal de Ourense
Deputación Provincial de Ourense
Colabora
INAEM
Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com
CONTACTOContribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.
© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com